Asunto de esferas sobre o río Arno

Beatriz inventou a Dante: escolleu o rapaz e puxo en xogo tódalas súas artes de sedución. Foi un encontro deseñado pola distancia de dous suxeitos que se observan discretamente dende un intre hipotético —na ponte de Santa Trinidade— ata un punto temporal no que a ficción corre o risco de perde-lo encanto da intriga sobre a cal se erixiu tras anos de evocación. Dante fixo deste drama unha comedia pouco humana. E Beatriz xamais puido entrever nin adiviña-lo sentido divinamente anxelical da súa infantil maldade.

Blog de la colaboradora